Quarta-feira, 28 de Janeiro de 2015

Sânscrito (que quer dizer 'língua perfeita') é ainda falado e oficial na Índia

O sânscrito fala-se e é oficial na Índia:

 A lingua perfecta

Na India, unha minoría de falantes dunha lingua milenaria intentan preservala do perigo de extinción

Carlos Ocampo 28 de xaneiro de 2015. Actualizado ás 05:00 h.

O sánscrito é unha lingua milenaria que ben pode mirar con envexa a non moi louzá saúde do galego. Aínda así, pódese dar por satisfeito se mide a súa sorte pola do latín, pois aínda hai quen, uns 60.000 falantes, a usan como vehículo de comunicación na India. A lingua perfecta (que iso é o que significa samskrta) pertence á familia indoaria. Ás máis de cincocentas linguas desta familia contan cuns 1.350 millóns de falantes.

http://www.lavozdegalicia.es/sc/x/default/2015/01/28/00121422406296840643777/Foto/escuela_h.jpg

 

Nos últimos anos, un importante movemento cultural trata de recuperar o sánscrito como lingua cotiá na India, onde a falan menos do 1 % dos habitantes, e a maioría son sacerdotes que a empregan só para actos de culto. Na Semana do Sánscrito pódese escoitar os alumnos entoar cánticos nesta lingua ou asistir a clases de matemáticas védicas, segundo podemos ler nunha reportaxe da BBC. Razóns non lles faltan aos indios para envorcarse nas actividades. «É a nai de todas as nosas linguas», di a directora dun instituto. «Todo o mundo intenta preservar as súas tradicións», engade. «Se sabes sánscrito, é doado entender moitas linguas da India», di un estudante.

Aínda así, a norma do Goberno recentemente elixido non foi ben recibida en todas partes, pois hai estados nos que se percibe como unha imposición nacionalista que persegue estender a relixión e a cultura hindús a costa doutras minorías.

Unha lingua milenaria

A realidade é, non obstante, que só é lingua cooficial nun estado (Uttarakahnd) e que o censo de falantes que teñen o sánscrito como lingua primaria é de 14.000 persoas. Nas escolas non se enfronta só á preferencia doutras linguas polos estudantes, senón tamén a un ensino que deixa moito que desexar.

Hai documentos que permiten fixar que no 2500 antes de Cristo o sánscrito xa estaba constituído, aínda que hai quen lle outorga outros 1500 anos máis de antigüidade e outros, máis conservadores, falan do 1200 antes de Cristo. Unha data lonxana, en todo caso, pero difícil de precisar.

O que está máis claro é que a partir do primeiro milenio antes de Cristo o que se chama sánscrito védico quedou confinado na escrita: nos textos sagrados e na liturxia do hinduísmo, pero tamén nos do budismo. O texto védico máis antigo é o Rig Veda (Veda, ou libro sacro, dous cantos), datado non 1000 antes de Cristo.

Mentres, as formas faladas (ou prácritos: prakrta significa 'lingua común') seguiron a evolución que deu lugar ás modernas linguas indoarias: hindi, bengalí, maratí, penyabí, asamés... Foi algo parecido ao que ocorreu máis preto de nós co latín. Hai un latín clásico (ou literario), que primeiro ficou recluído nos textos científicos e relixiosos e hoxe ninguén fala fóra do Vaticano e dalgúns círculos de nostálxicos, e un latín vulgar (ou falado), que é e verdadeira nai dás linguas románicas. A súa importancia relixiosa impulsou o estudo do sánscrito co fin de preservar a súa pureza. Así, no século IV antes de Cristo, na súa época de maior esplendor, Panini describe o sánscrito nunha gramática escrita no alfabeto devanagari. Foi este lingüista indio quen fixou na súa gramática a norma clásica do sánscrito. Desde entón, acada unha consideración divina e os escritores tómana como modelo literario, ata que no século X comeza a súa decadencia.

ACTIVIDADES

Compara os números do un ao dez en latín, inglés e sánscrito. Se non os coñeces, búscaos nestas ligazóns:

En latín: www.educatube.es/los-numeros-en-latin/

En inglés: http://bit.ly/1Avoaq8

En sánscrito: http://bit.ly/1Avnv86

Kalidasa foi un poeta e dramaturgo indio, nado no século IV. Autor dunha brillante produción poética, podes ler a súa biografía en http://bit.ly/1yEhEgl. E tes un poema traducido en http://bit.ly/1xJ47m4.

Panini e a súa gramática. A «Astadhyayi», chamada así porque ten oito libros ou leccións («adhyaya»), é unha normalización da tradición védica que fixa a fonoloxía e a gramática do sánscrito clásico. Panini, herdeiro dunha longa tradición relixiosa que desexa preservar a correcta pronunciación e significado das palabras, organizou a súa obra con criterios lóxicos e empregou o alfabeto devanagari, que significa 'escritura dos deuses' (Deva significa 'Deus' ou 'diviño').

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2015/01/28/lingua-perfecta/0003_201501SE28P6991.htm

 

Publicado por AG às 19:38
Ligação da entrada | Comentem | Adicionem aos favoritos
|  O que é? | Partilhári

.Hora solar de Olivença

.Procurem neste blógui

 

.Que horas são?

Hora oficial:

.Contadôri


contador de visitas

.Entradas recentes

. Cristina Branco

. Prémio "Mais Alentejo" 20...

. Defesa das portas (setemb...

. Um cadinho de fado (Joana...

. Ruas bilingues (mais imag...

. Os Acetre em Olivença pel...

. Ribeiro e Castro e Oliven...

. Nasce "Conexión Lusófona"...

. Portugal ganhou o Euro de...

. Mais sobre o dia de Portu...

.Arquivos

. Dezembro 2016

. Novembro 2016

. Setembro 2016

. Agosto 2016

. Julho 2016

. Junho 2016

. Maio 2016

. Abril 2016

. Março 2016

. Fevereiro 2016

. Janeiro 2016

. Outubro 2015

. Setembro 2015

. Agosto 2015

. Julho 2015

. Junho 2015

. Maio 2015

. Abril 2015

. Março 2015

. Fevereiro 2015

. Janeiro 2015

. Dezembro 2014

. Novembro 2014

. Setembro 2014

. Agosto 2014

. Julho 2014

. Junho 2014

. Maio 2014

. Abril 2014

. Março 2014

. Fevereiro 2014

. Janeiro 2014

. Dezembro 2013

. Novembro 2013

. Outubro 2013

. Setembro 2013

. Agosto 2013

. Junho 2013

. Maio 2013

. Abril 2013

. Março 2013

. Fevereiro 2013

. Janeiro 2013

. Dezembro 2012

. Novembro 2012

. Outubro 2012

. Setembro 2012

. Agosto 2012

. Julho 2012

. Junho 2012

. Maio 2012

. Abril 2012

. Março 2012

. Fevereiro 2012

. Janeiro 2012

. Dezembro 2011

. Novembro 2011

. Outubro 2011

. Setembro 2011

. Agosto 2011

. Julho 2011

. Junho 2011

. Maio 2011

. Abril 2011

. Março 2011

. Fevereiro 2011

. Janeiro 2011

. Dezembro 2010

. Novembro 2010

. Outubro 2010

. Setembro 2010

. Agosto 2010

. Julho 2010

. Junho 2010

. Maio 2010

. Abril 2010

. Março 2010

. Fevereiro 2010

. Janeiro 2010

. Dezembro 2009

. Novembro 2009

. Outubro 2009

. Setembro 2009

. Agosto 2009

. Julho 2009

. Junho 2009

. Maio 2009

. Abril 2009

. Março 2009

. Fevereiro 2009

. Janeiro 2009

. Dezembro 2008

. Novembro 2008

. Outubro 2008

. Setembro 2008

. Agosto 2008

. Julho 2008

. Junho 2008

. Maio 2008

. Abril 2008

. Março 2008

.Palavras-chave

. todas as tags

.Ligações

.Dicionário galego-português

Pesquisa no e-Estraviz

.Dezembro 2016

Dom
Seg
Ter
Qua
Qui
Sex
Sab
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
blogs SAPO

.Participem

. Participem neste blógui

.Contadôri

.subscrever feeds